A nosa instalación está perfectamente concebida para a aprendizaxe da natación e para o desenvolvemento de todo tipo de especialidades no medio acuático.

GAP FIT PILATES
Reforza e tonifica os músculos, dá mobilidade ás articulacións, achega
flexibilidade e equilibrio, traballa o corpo desde a musculatura máis
profunda ata a máis periférica, e interveñen tanto a mente
como o corpo. Os seus principios básicos son:
- Respiración -Fluidez -Precisión -Control -Aliñación.
GAP FITPOWER
Clase de tonificación muscular intensa na que se traballan todos os
grupos musculares con cargas moderadas. Para o seu desenvolvemento utilízase fundamentalmente o step e o set de Workpower (barra e discos de peso).
Poderiamos dicir que é a sala de pesas levada ás clases dirixidas.
Recomendado para aquelas persoas que buscan unha clase de tonificación
(adestramento de forza-resistencia) máis intensa.
GAP POWER FLEX
Perdiches a harmonía ao respirar cando fas un movemento? Esta actividade é perfecta para recuperala. Fundaméntase nos principios do Ioga, Tai Chi, e o método Pilates, entre outras técnicas de relaxación cunha soa finalidade, que corpo e mente se comporten como un.
GAP BIKEINDOOR
Clase de acondicionamento físico que se fundamenta no desenvolvemento dun traballo cardiovascular a través dunha bicicleta de deseño especial, sendo dirixida por un instrutor.

 

GAP BODY MOVE
É unha divertida forma de exercitarse a través de secuencias coreográficas que combinan diversos xéneros musicais e elementos da ximnasia.
G.A.P.
Clase de tonificación muscular cunha orientación específica cara ao
traballo de glúteos, abdominais e pernas.
Recomendado para todas aquelas persoas que buscan un traballo máis
específico nestas zonas musculares.
GAP CARDIOBOX
Constitúe unha divertida combinación de exercicio físico con artes marciais como: Kick Boxing, Karate, Kung Fu, Tai-Chi, Full Contact, Twaekondo, etc . O que resulta é unha entretida actividade de traballo aeróbico que emprega coreografías e movementos a base de puños e patadas.
indoor